Uns 125 escolares de Riveira conmemorarán este sábado a Día da Árbore no parque periurbano de San Roque

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

Un ano máis, o Concello de Riveira conmemora a chegada da primavera coa celebración do Día da Árbore: unha iniciativa que por segundo ano contará coa participación dos nenos e nenas asistentes ás distintas escolas infantís do noso municipio.

Son arredor de 125 os pequenos que se esperan, procedentes da Escola Infantil Municipal de Riveira, Barbanziños do Hospital da Barbanza e Os Cativos, ademais da ludoteca enclavada na cidade.

A actividade terá o parque periurbano de San Roque como teatro de operacións. Alí cada neno terá ocasión de plantar un pequeno piñeiro para, a continuación (e despois de que tamén os mestres planten unha árbore algo máis grande), asistir a un espectáculo de contacontos.

A celebración comezará ás 11 horas e prolongarase ao longo da mañá. Para entreter aos pequenos contarase tamén coa participación de monitores de tempo libre.

26 de marzo de 2015 | 12:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.