Traballos de pavimentación da praza de Aldea Frións na parroquia de Carreira

Traballos na praza de Aldea Frións
Tras 40 días dende o comezo da actuación dirixida á instalación dun pozo de bombeo e unha rede de saneamento no lugar coñecido como Aldea Frións, na parroquia de Carreira, esta mesma semana comezaron os traballos de pavimentación.
Operarios da empresa Construcciones Oñial, S.L., están procedendo a pavimentar a praza deste núcleo mediante o emprego de lousas de granito combinadas con formigón.
A realización da actuación comporta un investimento de 135.420,80 euros e dela se verán beneficiadas 25 vivendas.











