Simulacro de incendio na escola infantil municipal de Riveira

Simulacro de incendio
A Escola Infantil Municipal de Riveira viviu esta mañá un simulacro de incendio que tiña como principal obxectivo a posta en práctica do plan de autoprotección deste centro.
Para tal fin, distintos efectivos implicados neste tipo de sinistros (Bombeiros, Policía Nacional, Policía Local, GAEM e Protección Civil) puxeron en práctica unha actuación conxunta na que se partiu dunha suposta alarma de incendio nunha aula do inmoble.
Unha vez activada a alarma, preto de 170 foron desaloxados do edificio nun tempo de evacuación que se considerou altamente satisfactorio: seis minutos.
Tamén foi moi positivo os tempos de resposta dos medios externos, de entre catro e seis minutos.
Concluído o simulacro, os nenos pasárono en grande probándose a indumentaria de efectivos implicados no exercicio ou facendo soar as sereas dalgúns dos vehículos.











