Silleda presenta o video turístico promocional e a aplicación para móviles sobre Carboeiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+

O Concello de Silleda presentará mañá aos medios o video promocional encargado o pasado ano dende o departamento municipal de Turismo e tamén a app sobre o mosteiro de Carboeiro.

O alcalde, Manuel Cuiña, anima aos veciños que o desexen a acudir ao acto para coñecer “estas dúas iniciativas que contribuirán á promoción e difusión dos nosos recursos turísticos”, explica.

A presentación, aberta ao público, terá lugar no salón de plenos ás 12.00 horas.

Ademais da App para dispositivos móbiles sobre Carboeiro, tamén se visionará o vídeo promocional que despois se difundirá a través da web, das redes sociales, e tamén como soporte en certames ou evento con presencia insititucional do Concello.

12 de marzo de 2015 | 18:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.