Silleda estará presente na bolsa de contratación de Turexpo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+

Silleda volverá estar presente na bolsa de contratación de Turexpo, a través da participación de varios establecementos hostaleiros do municipio. Ademais, os recursos naturais e paisaxísticos de Trasdeza tamén forman parte dos paquetes turísticos que se ofertarán dende o grupo Área de Santiago, nos que Silleda está presente.

Así mesmo, a oferta turística do municipio amosaráse a través dos stands de Área de Santiago, onde se proxectará o vídeo promocional estreado con grande éxito a semana pasada. Tamén no recinto de exposición de Turexpo os visitantes dispoñerán de carteis nos que descargar a App sobre o mosteiro de Carboeiro a través de código QR.

Así mesmo, o alcalde, Manuel Cuiña, intervirá mañá ás 12.30 na inauguración de Turexpo 2015.

19 de marzo de 2015 | 16:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.