publicidade hoxe

Pazos de Borbén convoca un concurso de selfies con libros para mozos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPazos de Borbén
A-
A+

Con ocasión do Día Internacional do Libro Infantil o Concello de Pazos de Borbén convocaun concurso de selfies no que os protagonistas deben pousar cun libro en galego e con amigos ou familiares. O certame, titulado “Nos lemos, e ti?”, está dirixido a lectores de Primaria e primeiro ciclo de ESO, que deberán enviar as súas fotos a través da biblioteca municipal do Concello.

Poderán participar todos os lectores que estean a cursar Primaria ou o primeiro ciclo de Secundaria a través do seu centro docente ou da biblioteca municipal. Os concursantes deberán achegar á foto un texto breve no que expliquen por que elixiron o libro co que se retratan sinalando o seu nome, apelidos, domicilio, teléfono e ano de nacemento ademais de cumprimentar a ficha de inscrición no concurso.

O concurso dividirá aos lectores en tres categorías: Primeiros Lectores (de 1º a 3º de Primaria), Lectores Avanzados (4º a 6º de Primaria) e Superlectores ( 1º e 2º de Secundaria). Presmiaranse as mellores composicións de cada categoría cun diploma e un lote de libros. O fallo do premio terá lugar o próximo mes de xuño.

Os interesados en recibir máis información poden facelo a través do correo electrónico biblioteca@pazosdeborben.org, a través do teléfono 986 497 273 ou en https://www.facebook.com/bibliopazos .

18 de marzo de 2015 | 17:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.