publicidade hoxe

Pazos de Borbén abre o prazo de inscrición para os campamentos de verán da Deputación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPazos de Borbén
A-
A+

O Concello de Pazos de Borbén acaba de abrir o prazo de inscrición para os campamentos de verán organizados pola Deputación de Pontevedra. Para este ano, Pazos ten asignadas catro prazas no Campamento Polideportivo Príncipe Felipe e 20 no que terá lugar no Centro de Vacación da Lanzada. Os interesados dispoñen ata o próximo 1 de abril para realizar as súas solicitudes na Oficina de Información Xuvenil (OMIX).

A Cidade Infantil Príncipe Felipe de Pontevedra acollerá o campamento polideportivo Príncipe Felipe. Celebrarase en seis quendas de cinco días de duración durante os meses de xullo e agosto e incluirá numerosas actividades lúdicas e deportivas, xogos tradicionais, deportes alternativos e de equipo, talleres, saídas didácticas e concursos. Poderán realizar a súa solicitude para algunha das catro prazas que ten asignadas o Concello de Pazos de Borbén, os nenos e nenas que teñan o seu domicilio habitual en calquera dos concellos da provincia de Pontevedra e nacesen entre os anos 2000 e 2007, ambos os dous incluídos (7 a 14 anos). O custo do campamento é de 125 euros por neno/a.

No caso do campamento de verán que se celebrará no Centro de Vacacións da Lanzada, desenvolverase en 11 quendas de sete días cada unha. Nel, os participantes gozarán de actividades variadas, como teatro, cuentacuentos, xogos e deportes, actividades artísticas e culturais, entretemento nocturno, sensibilización ambiental, actividades na praia…

O Concello de Pazos de Borbén ten asignadas 20 prazas para esta iniciativa e ao igual que na anterior, se poden inscribir todos os nenos e nenas que teñan o seu domicilio habitual en calquera municipio da provincia de Pontevedra. Este campamento está dirixido a nenos nacidos entre o 2001 e o 2006, (de 8 a 13 anos), e ten un custo de 83,60 euros por neno/a.

Dada a alta demanda coa que habitualmente contan estes campamentos, realizarase un sorteo entre todos os solicitantes para adxudicar as prazas dispoñibles en cada unha das actividades e no que se dará prioridade aos nenos que non participaron nelas o pasado ano. Trátase de dúas iniciativas que teñen unha extraordinaria acollida tanto entre os máis pequenos coma entre as súas familias, xa que contribúen tanto á conciliación da vida familiar e laboral coma ao desenvolvemento social e persoal.

O prazo de presentación das solicitudes está aberto ata o próximo 1 de abril. Os interesados en realizar a súa solicitude ou recibir máis información poden facelo chamando ao teléfono 986 498 934 ou nas oficinas da OMIXenla Casa do Concello de Pazos de Borbén todas as mañás de 09:00 a 14:00 horas.

12 de marzo de 2015 | 18:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.