Pasarela canina solidaria e demostración de agility no Gran Premio de Mushing en Riveira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaRiveira
A-
A+
Presentación do Campionato de Mushing en Riveira

Presentación do Campionato de Mushing en Riveira

O Gran Premio de Mushing Mancomunidade de Municipios de Arousa Norte está a piques de comezar (farao hoxe ás 19.30 horas en San Isidro) e dende a organización xa se está pensando tamén nunha serie de actividades complementarias que sirvan para achegar á veciñanza aos mundo dos cans.

Neste senso, o concelleiro de Deportes de Riveira, Juan Luis Martínes, e os directores de carreira Iris Vidal e Sergio Barreiro, compareceron hoxe no consistorio para avanzar algúns dos detalles destas actividades tan atractivas.

Así, na tarde do sábado, de 18 a 20 horas, realizarase unha pasarela canina solidaria na que calquera persoa con mascota poderá participar. Os interesados terán que persoarse na carpa que se instalará na praza de España. Alí realizarán o percorrido, se lles sacará unha foto e poderá votar ao can en adopción que elixa para que a mascota distinguida leve de premio un ano de comida gratuíta, nunha iniciativa na que colabora a Asociación Callejeros do Barbanza.

O outro evento que se organizará terá lugar o domingo día 8 na propia praza de España e consistirá nunha demostración canina de agility e obediencia a cargo do club Unioncan. Nesta exhibición, os asistentes poderán comprobar, mentres van chegan a meta os corredores da proba de media distancia, como os cans realizan diversos exercicios de acrobacia, axilidade e obediencia básica.

Tres especialidades

E non hai que esquecer á proba de media distancia Arousa Norte, a estrela da iniciativa. Nela se poderán admirar e disfrutar de varias especialidades: canicross (o deportista vai enganchado ao seu can a través dun arnés), bikejoring (o deportista vai en bicicleta e o can vai tirando) e triciclo (no que un grupo de cans vai tirando dun vehículo de tres rodas).

Participarán preto de 30 equipos que comezarán hoxe dende San Isidro a Portela, a las nunha etapa seminocturna, para o día seguinte disputar dúas novas etapas (Portela – Brañas e Dolmen de Axeitos – Faro de Corrubedo) e rematando o domingo na etapa A Cascada – Plaza de España. En total, 70 quilómetros nos que a destreza, resistencia e habilidade serán fundamentais.

Así mesmo haberá unha proba de distancias cortas (sábado á tarde e domingo á mañá) para as especialidades de canicross y bikejoring, así como unha carreira piloto de montaña por equipos, que servirá de marco de referencia para instaurar dita proba cara aos próximos anos.

6 de marzo de 2015 | 19:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.