“Pan! Pan!” no Porriño para celebrar o Día Mundial do Teatro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioO Porriño
A-
A+

O Círculo Recreativo Cultural do Porriño acolle este mércores, ás 20:00 horas, “PAN! PAN!”, o traballo co que a compañía teatral A Panadaría gañouse o favor da crítica, postulándose como espectáculo galego revelación deste ano. Esta compañía, integrada na súa totalidade por mulleres, trae ao Porriño o seu primeiro e exitoso traballo que conta xa cun importante recoñecemento, dous nomeamentos aos Premios María Casares que se celebrarán este mesmo xoves, unha delas para a porriñesa Areta Bolado, nomeada a Mellor Actriz Secundaria.

“PAN! PAN!” é unha parodia musical das películas de vaqueiros americanos que narra a historia de Harry, un cowboy que persegue a un indio que roubou á súa muller. Unha obra repleta de humor e música que conseguirá que riamos de todos os elementos das películas do Far West.

Dentro da promoción deste evento, organizado pola concellaría de Cultura do Concello do Porriño, a compañía está a levar a cabo unha orixinal campaña publicitaria a través de seis panadarías do noso municipio de modo que, cada persoa que compre unha barra de pan nestes locais recibirá unha bolsa coa información das próximas funcións da Panadaría.

23 de marzo de 2015 | 19:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.