Os usuarios xa disfrutan da senda litoral de 560 metros entre A Ameixida e Area Secada

Novo paseo na Ameixida
Un día despois de que tivese lugar o acto de balance do proxecto Riveira Atlántica 2015 abría para disfrute de veciños e visitantes unha das actuacións englobadas dentro deste plan que está cofinanciado nun 70% con fondos europeos Feder: a senda mariñeira de 560 metros de lonxitude que une Area Secada co porto de Ameixida.
Os primeiros usuarios animáronse a disfrutar deste novo paseo que dá continuidade ao do Touro e das impresionantes vistas da ría que dende alí se divisan. O itinerario descorre case na súa totalidade pola zona de servidume de tránsito marítimo-terrestre e para a súa realización empregaranse materiais acordes, como madeira, zahorra artificial e pavimento térreo tipo Aripaq.
A pasada semana tiveron lugar con resultado satisfatorio as probas de carga na zona de actuación. Nos vindeiros días procederase á instalación de paneis divulgativos sobre a contorna, ademais de bancos e papeleiras e á sinalización viaria.
A obra foi executada pola empresa barbanzana Nemesio Ordóñez S.A. e tivo un orzamento superior aos 330.000 euros.











