O presidente do GDR Terras do Deza e os alcaldes dezanos visitaron distintos proxectos da comarca
O presidente da ADR Terras do Deza, Luís López Diéguez xunto co Director Xeral de Desenvolvemento Rural, Antonio Crespo, o Subdirector de Relacións cos Grupos de Desenvolvemento Rural, Javier Blanco Carballal e oXefe Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar, Miguel Pérez Dubois, realizaron esta mañá unha serie de visitas a algúns dos proxectos que foron financiados con cargo aos fondos do Programa Leader de Galicia 2007-2013 e que supuxeron un investimento total nesta comarca de 123.547,41 euros, iniciativas contribúen á diversificación da economía do rural e á mellora da calidade de vida.
A primeira hora e acompañados polo alcalde de Silleda, visitaron Laro, unha das 10 parroquias do Concello de Silleda onde se instalaron os Parladorios e Biosaudables, espazos onde se conxuga a actividade física, e o descanso e socialización.
DATOS DO PROXECTO
ORZAMENTO TOTAL DO PROXECTO |
62.256,33 € |
ORZAMENTO ACEPTADO (SEN IVE) |
51.451,51 € |
PORCENTAXE AXUDA CONCEDIDO |
50,00 % |
IMPORTE DA SUBVENCIÓN |
25.725,76 € |
A seguinte visita levouse a cabo no Concello de Lalín, acercáronse á empresa Hidramaq Deza, S.L. situada na Cidade do Transporte do Polígono Lalin 2000.
Un dos proxectos mais innovadores executados na comarca, xa que consistiu na apertura dun novo taller e a instalación dunha cabina forno de pintura industrial, para pintado de autobuses e camións, técnica que se consegue cunha redución importante nos consumos eléctricos e unha notable diminución da contaminación medioambiental.
Ademais con este proxecto consolidáronse os 9 empregos existentes e creáronse outros 4 novos.
DATOS DO PROXECTO
ORZAMENTO TOTAL DO PROXECTO |
246.150,24 € |
ORZAMENTO ACEPTADO (SEN IVE) |
208.601,91 € |
PORCENTAXE AXUDA CONCEDIDO |
36,00 % |
IMPORTE DA SUBVENCIÓN |
75.096,69 € |
A terceira visita levoulles as Terras de Camba, onde no centro social de A Latiza o Concello de Rodeiro instalou unha Aula de Informática completamente equipada, e na que nos vindeiros días, porase en marcha un amplo plan de formación para os veciños.
Aínda que se trata dun proxecto de promoción pública e non se crea emprego directo, dende o primeiro momento o alcalde tiña entre os seus obxectivos a creación da aula como ferramenta de axuda á poboación de Rodeiro que achegue aos veciños a coñecer de maneira directa ás novas tecnoloxías, tan necesarias nos tempos que corremos.
DATOS DO PROXECTO
ORZAMENTO TOTAL DO PROXECTO |
14.423,20 € |
ORZAMENTO ACEPTADO (SEN IVE) |
11.920,00 € |
PORCENTAXE AXUDA CONCEDIDO |
100 % (sen IVE) |
IMPORTE DA SUBVENCIÓN |
11.920,00 € |
E por último, acompañado polo Alcalde de Agolada, Ramiro Varela, visitaron as instalacións da Casa da Cultura de Agolada onde se atopa a nova Aula de Informática, proxecto de características similares ao de Rodeiro e moi necesario para o concello, que saliu adiante gracias ao empeño do rexedor en resposta á demanda dos veciños.
Y, que xunto coa anterior e as que se instalaron en Goias (Lalín), Vila de Cruces e Silleda completan a Rede de Aulas Informáticas da Comarca do Deza
DATOS DO PROXECTO
ORZAMENTO TOTAL DO PROXECTO |
13.074,00 € |
ORZAMENTO ACEPTADO (SEN IVE) |
10.804,96 € |
PORCENTAXE AXUDA CONCEDIDO |
100 % (sen IVE) |
IMPORTE DA SUBVENCIÓN |
10.804,96 € |