publicidade hoxe

O obradoiro de emprego do Porriño celebra o Día da Muller cunha xornada sobre o papel das mulleres na ciencia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Porriño
A-
A+
Muller e Ciencia no obradoiro do Porriño

Muller e Ciencia no obradoiro do Porriño

A concelleira de Igualdade do Concello do Porriño, Teresa Veloso, e o concelleiro de Emprego e Formación, M. Alejandro Lorenzo, presidiron o acto inaugural das xornadas “As mulleres e a ciencia” que se desenvolveron esta mesma mañá no Multicentro de Torneiros.
O Obradoiro de Empleo “Porremprego II”, en colaboración co Concello do Porriño, non quixo deixar de sumarse á conmemoración do Día Internacional da Muller, e fíxoo a través dunha serie de actividades dirixidas a poñer en valor o papel da muller no ámbito científico e do coñecemento.

A edil de Igualdade, comezou a súa intervención recalcando “a importancia e o valor de calquera evento que enxalce o Día da Muller, o 8 de Marzo en ningún caso debe pasar desapercibido”, e subliñou “A igualdade fainos mellores, unha sociedade que permita ás mulleres conciliar a súa vida laboral e familiar é unha sociedade mellor para todos”.

Así, ás 10:10 horas, os alumnos de ambas as dúas especialidades, Animación Sociocultural e Limpeza, achegáronse a diferentes figuras que marcaron a historia da ciencia e o desenvolvemento actual, na dinámica de traballo “Mulleres e ciencia – Unha tarefa invisible. A xornada continuou coa proxección do filme de Alejandro Amenabar “Ágora”, que narra a historia de Hipatia, unha matemática e astrónoma grega do século IV cuxas teorías fundamentaron a física actual. Como broche final, procedeuse á posta en común de reflexións nunha charla-coloquio que xirou en torno ao papel que a muller desempeñou na historia da ciencia e doutros ámbitos do coñecemento.

9 de marzo de 2015 | 19:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.