O Mosteiro de Carboeiro acolle novamente a mostra fotográfica sobre os Xenerais da Ulla
A sala de mostras do mosteiro de Carboeiro acolle de novo a exposición fotográfica de Xenerais da Ulla, con instantáneas cheas de cor que recollen a esencia do entroido rural da zona da Ulla, declarado como Festa de Interese Turístico de Galicia no ano 2013.
Esta mostra, que xa estivo en 2014 neste enclave turístico silldense consta de 60 imaxes distribuidas en 22 paneis e realizadas polos fotógrafos José López (Jolope), Adolfo Enríquez (Archivo Turismo de Galicia), José Ramón Moire, Puri Sangiao, Luismy, Aroa, Rubén Estudio Fotográfico, Anna Fotógrafa, Marcos Míguez, José Esteller, Ramón Torrente e Ana María García Turnes, entre outros.
A exposición permanecerá en Carboeiro durante os vindeiros dous meses. Promovida dende o grupo Xenerais da Ulla, que integran os concellos que comparten esta tradición, entre eles Silleda, a mostra estreouse en 2014 no Museo do Pobo Galego.
Tamén no mesmo espazo os visitantes de novo material promocional, e tamén de información sobre a App protagonizada polo mosteiro románico de Carboeiro, que segue a recibir numerosas visitas.











