O Concello de Silleda remite a Patrimonio máis de 200 firmas recollidas polos veciños de Cortegada
Hoxe foron entregadas no Concello máis de 200 firmas recollidas polos veciños/as de Cortegada para pedir que se reanuden as obras de mellora do acceso á igrexa de Cortegada. Esas firmas serán remitidas dende o Concello á dirección xeral de Patrimonio.
O alcalde, Manuel Cuiña, lembra que a obra “foi paralizada de xeito cautelar, polo que non é normal que case un mes despois de que se pararan os traballos sigamos sen ter resposta dende a Administración Autonómica”, engade.
O rexedor advirte que “se supón que cando se fai unha paralización deste tipo deben de poñerse de inmediato a traballar sobre o tema, porque o vindeiro mércores se cumplirá un mes dende a paralización das obras”
Cuiña apunta tamén que a situación está causando “un grave perxuizo aos veciños de Cortegada”.