O Concello de Silleda recollerá plásticos agrícolas en 18 explotacións gandeiras do municipio
Na xornada do vindeiro xoves día 12 procederase á realizar a recollida de plásticos agrícolas e de invernadoiros nun total de 18 explotacións gandeiras do municipio de Silleda. A empresa encargada da recollida, xunto con personal municipal, iniciará o proceso ás 09.00 horas.
A maioría das solicitudes proceden da zona sur do Concello. Así, procederase á recollida en Parada, Refoxos, Laro, Cortegada e tamén en Martixe e Graba.
Na xornada de mañá mércores procederase a avisar aos veciños e agriculotres que solicitaron o servizo nos últimos meses para que procedan a dobrar e empacar os plásticos da menor maneira posible.
No caso da parroquia de Graba hai sete veciños de Santa Mariña e outras localidades do entorno que deberán levar os plásticos ao campo da festa, por dificultades de acceso do vehículo.
Dende a Concellería de Medio Ambiente lémbrase que este servizo, sen custe para os usuarios, está dispoñible durante todo o ano. Aqueles que queiran solicitar a recollida deben de chamar ao Concello (986 580000).
O servizo realizase unha vez que se xunten varios avisos. A última recollida realizouse en novembro de 2014.











