O Concello de Silleda instala unha marquesina para o autobús escolar no lugar de Sar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+
Instalación da marquesina

Instalación da marquesina

O Concello de Silleda procedeu hoxe á instalación de unha marquesina dentro da ruta do transporte escolar na localidade de Sar, na parroquia de Escuadro. Esta parada foi eliminada no seu día ao non haber alumnado, e a marquesina existente foi reubicada noutro lugar.

Hoxe hai escolares que acuden ao CEIP da Bandeira que carecían deste servizo. A concelleira de Educación, Pilar Peón, achegouse hoxe ata o lugar dende onde os usuarios demandaron este servizo, para evitar que os escolares estén á intemperie no inverno.

Con esta dotación, dende o Concello continúase apostando por mellorar a calidade no servizo e atención ao alumnado do municipio.

“No caso de detectarse outras carencias deste tipo, dende o Concello trataremos de dar resposta con novas dotacións ou reubicacións de marquesinas”, apunta o alcalde, Manuel Cuiña.

18 de marzo de 2015 | 18:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.