O Concello de Silleda finaliza as aceras da rúa Ulleiro da Bandeira

O alcalde de Silleda visita o remate das obras
O Concello de Silleda vén de rematar as obras das beirarrúas de Ulleiro, na Bandeira, onde nas últimas semanas operarios municipais colocaron as baldosas en todo o tramo. O alcalde, Manuel Cuiña, e o concelleiro Klaus Brey, visitaron hoxe a localidade onde xa están listas para comezar tamén as obras de remate das beirarrúas no tramo da Esmorga. “Trátase de dúas actuacións que eran moi necesarias, para completar unha infraestructura que levaba anos inacabada”, explica Cuiña. O Concello leva varios meses realizando este tipo de tarefas para rematar a dotación de infraestruturas.











