O Concello de Silleda decreta dous días de loito oficial polo falecemento do ex alcalde Juan Salgueiro Montouto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSilleda
A-
A+

O Concello de Silleda, a través dunha resolución da Alcaldía, vén de decretar dous días de loito oficial en sinal de dor polo falecemento de D. Juan Salgueiro Montouto, que ocupou o cargo de alcalde do municipio entre 1987 e 1999.

As bandeiras da Casa Consistorial ondean xa a media asta, e a de Silleda loce un crespón negro en sinal de dó polo repentino pasamento do ex rexedor.

Dende a Alcaldía, Manuel Cuiña, en nome de toda a Corporación Municipal, expresa o seu profundo pesar “pola perda dun home que durante moitos anos se adicou a servir ao seu pobo e que sempre destacou polo seu carácter afable e por traballar con entusiasmo polo ben deste municipio”.

Dende a Corporación tamén se transmiten as condolencias á familia de Salgueiro Montouto.

3 de marzo de 2015 | 16:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.