publicidade hoxe

O Concello de Silleda agradece ao colectivo solidario Mencer as novas aportacións ao Banco de Alimentos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+

O Concello de Silleda, a través do departamento de Benestar Social, que dirixe Dolores García, quere amosar, unha vez máis, o seu agradecemento á asociación solidaria Mencer de Lalín, que entregou abondante froita (laranxas e mazás) ao Banco de Alimentos do programa Silleda Solidaria.

Estes alimentos repartiranse entre as familias con menos recursos do municipio, usuarias do Banco de Alimentos, dende onte continúa a recollida de produtos non perecedeiros nos supermercados de Silleda e A Bandeira.

“Temos que agradecer a colaboración deste colectivo de Lalín, que xa en varias ocasións está a colabroar con nós, ao igual que moitos veciños e veciñas, establecementos, asociacións, empresas e colectivos que están a facer achegas ao programa”, engade Dolores García.

23 de marzo de 2015 | 16:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.