O Concello de Riveira creará 400 novas prazas de aparcamento con dous parkings disuasorios en Abesadas e Cristóbal Colón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

O Concello de Riveira deu luz verde na última xunta de goberno local a unha esperada actuación consistente na creación de dous novas zonas de aparcamento de superficie disuasorios na nosa cidade.

Trátase dunha acción que foi recomendada polo Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS) e que se vai materializar no aluguer de dúas parcelas: unha delas, de 3.045 metros cadrados de superficie, está situada na rúa Cristóbal Colón (ao lado do cemiterio municipal) mentres que a outra, de 5.416 metros, entre o barrio de Abesadas e Cubeliños.

Con esta iniciativa propiciarase a creación dunhas 400 novas prazas de estacionamento: número semellante ao existente no recheo portuario xunto ao Malecón. O uso das mesmas será gratuíto.

Acondicionamento

En canto sexan formalizados por escrito os contratos do aluguer, o Concello procederá a acondicionar as dúas fincas con zarzo e aglomerado asfáltico, e se acometerá o seu pintado e sinalización para poñelas de inmediato a disposición de veciños e visitantes.

23 de marzo de 2015 | 19:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.