O Club do Centro Social dos Maiores programa unha excursión a Chipiona en abril

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+

O Club Social do Centro Social dos Maiores e a Concellería de Participación Cidadá de Silleda, que dirixe Pilar Peón, programou o vindeiro mes unha nova excursión, coa localidade gaditaba de Chipiona como destino final. A viaxe celebrarase entre os días 15 e 22 de abril, e conta con paradas e visitas en distintos puntos da xeografía.

Así, o primeiro destino será a cidade extremeña de Almendralejo, onde terá lugar o xantar do primeiro día e tamén se visitará a localidade de Mérida e se pasará a primeira noite. Xa o día 16 a excursión continúa ata Chipiona. Durante os días 17, 18, 19 e 20 combinarase a estancia nesta localidade costeira con excursión a Cádiz, Gibraltar, os Pobos Blancos… O día 21 a expedición inicia a viaxe de retorno, que fará a primeira parada en Córdoba, con visita a Mezquita, entre outros emprazamentos. Logo de xantar o grupo partirá cara a Madrid onde na xornada do día 22 visitarán o centro da cidade e tamén o Palacio do Senado.

O prazo para inscribirse está aberto e o prezo é de 375 euros por persoa. Para máis información e inscricións, os interesados poden dirixirse á Casa da Cultura (986 581028).

6 de marzo de 2015 | 16:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.