publicidade hoxe

O centro cultural do Porriño acolle unha charla sobre nutrición

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Porriño
A-
A+

O Centro Cultural Municipal acollerá mañá, a partir das 19:00 horas, a charla “Recomendacións nutricionais para unha alimentación sa: mitos e verdades”, na que o Dr. Camacho, médico especialista en medicina de familia, experto en Homeopatía e Nutrición e profesor na Facultade de Medicina de Santiago, disertará sobre a importancia dos hábitos alimentarios á hora de levar unha vida sa. “Moitas enfermidades son producidas ou desencadeada por unha mala alimentación”, asegura o Dr. Camacho, “A alimentación debe basearse nun coñecemento profundo dos alimentos que consumimos”.

Esta conferencia enmárcase dentro da programación que a concellaría de Igualdade do Concello de Porriño, que dirixe Teresa Veloso, organizou con motivo do Día Internacional da Muller. A entrada a este evento é libre e gratuíta.

9 de marzo de 2015 | 19:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.