O BNG presenta unha proposición non de lei pola situación na que quedaron as obras do AVE en Silleda
Preséntase unha proposición non de lei e preguntas á mesa do Congreso dos Deputados presentadas polas Deputadas do Bloque Nacionalista Galego, Olaia Fernández Davila e Rosana Pérez, a instancias do BNG de Silleda pola situación nas que quedaron as obras do AVE en Silleda, as cales seguen a afectar a numerosas parroquias (nalgunhas aínda quedan escombreiras inutilizadas e foron fendidas pola nova vía) do Concello, e especialmente, ás parroquias de Carboeiro e Pazos cos enclaves monumental do Mosteiro e natural da Fervenza do Toxa, maltratados polas obras e nunca atendidos debidamente polo ADIF a pesar dos destrozos ambientais, patromoniais e paisaxísticos feitos nas súas inmediacións.











