O BNG de Silleda denuncia a falta de seguridade no recinto da Semana Verde

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+

O Bloque Nacionalista Galego denuncia a actual situación de abandono do Recinto da Feira Internacional de Galiza, que vén sendo continuamente desmantelado nos últimos tempos, ao ser informado polos usuarios da Lonxa Agropecuaria que xa non hai gardas de seguridade e mesmo desde a xerencia da Semana Verde o que se trata a sacar a concurso o persoal de seguridade simplemente para os luns e martes por un valor duns 140.000 euros, e deixar sen seguranza o resto da semana todo o recinto.

O BNG cre que esta decisión é moi grave ao deixar desamparada a FIG durante tantos días cando esta ten moitos usuarios, numerosas empresas e mesmo gandeiros de toda Galiza, e transportistas mesmo do exterior do País, que poden ver amezadas por roubo a súas cargas (gando, gasoil, mercadorías, etc) ao non haber persoal especialista que controle as entradas, saídas e estancia dos vehículos no recinto.

O BNG trata con este avance de dar a voz de alarma ante esta situación de desprotección do patrimonio público da Fundación Semana Verde de Galiza, pois lembran os nacionalistas que é o maior recinto de Galiza e debe ser atendido como tal, ao igual que o son os que están ao seu mesmo nivel en toda a Península Ibérica, á parte de manter este servizo esencial para quen o utiliza diaria e semanalmente.

6 de marzo de 2015 | 17:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.