O auditorio Manuel Dopazo acolle a representación de “DEP, Unha comedia de Morte” o vindeiro sábado día 14

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioSilleda
A-
A+

O vindeiro sábado día 14 o teatro volve ser protagonista en Silleda. Dende a Concellería de Cultura, e tamén para conmemorar o Día do Teatro, que se celebra o día 27 deste mes de marzo, programouse a representación de D.E.P. Unha comedia de Morte, o novo espectáculo de Malasombra Producciones.

A cita será ás 21.00 horas no auditorio Manuel Dopazo da Bandeira, con entrada libre. Esta comedia, escrita por Jordi Sánchez e Pep Antón Gómez, está protagonizada polos actores Xoque Carbajal, Josue García e Patricia Rodríguez.

Trátase dunha trepidante sesión na que se mostra con moito humor o egoísmo, a mentira e o engano entre irmáns á hora de repartir unha herdanza. Con unha coidade iluminación, a cargo de Xulio Lago, e a escenografía de Kukas, DEP chega á Bandeira como espectáculo dirixido a un grande abano de públicos.

2 de marzo de 2015 | 17:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.