Manuel Cuiña insta ao voceiro do Partido Popular “a decir quen conducía o vehículo multado”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+

O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, ante as manifestacións do voceiro do partido popular sobre o vehículo municipal multado por un radar en Chapa hai varios meses, animao “a decir públicamente quen conducía o vehículo”.

Cuiña di que “en temas como como este non caben ameazas e que o señor José Luis Espiño está incurrindo nunha irresponsabilidade manifesta”.

“Xa que di saber quen é o condutor que ese día iba ao volante, que o identifique ou do contrario será responsable de que o Concello tivera que pagar eses 900 euros, en lugar de 150”, engade Cuiña, advertindo que o voceiro do PP, de “non decir o nome se convertirá en cómplice activo da situación, coas irresponsabilidades ás que xa nos ten acostumados”, advirte.

“Se el pode identificar ao condutor eu tamén poderei esixirlle que devolva a diferenza dos 150 aos 900 euros da sanción a esa persoa que o voceiro popular di coñecer”, engade.

16 de marzo de 2015 | 17:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.