publicidade hoxe

Máis de 60 asistentes arrouparon a exposición sobre os últimos 150 anos de Pontedeume

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+
Inauguración da exposición

Inauguración da exposición

Máis de 60 persoas asistiron o pasado venres no Centro Cultural Lustres Rivas á inauguración da exposición titulada “150 anos dunha vila mariñeira: Pontedeume 1865 – 2015”, que estará aberta ata o 16 de marzo.

A tenente de alcalde de Riveira Dolores Elorduy; a concelleira Elvira Pisos, o deputado provincial Carlos López Crespo; e máis o comisario da mostra Xavier Brisset interviñeron neste acto que contou coa asistencia entre outros do senador José Luis Torres e a filla adoptiva Magdanela Bringas.

Trátase dunha mostra na que, a través dun cento de fotografías antigas, ademais de maquetas de embarcacións e material de hemeroteca e audiovisual, evócase a traxectoria desta poboación coruñesa ligada ao mar.

Tal e como destacou Dolores Elorduy, Riveira é o primeiro municipio da comarca de Barbanza en que desembarca a exposición, que tamén estará en Rianxo e Noia.

Ao concluír a rolda de intervencións, Xavier Brisset ofreceu unha visita guiada polo contido da mostra, que está organizada pola empresa 8mares.com co patrocinio da Deputación da Coruña.

9 de marzo de 2015 | 18:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.