Luz verde á compra de dúas parcelas para aperturar unha vía de acceso rodado á rúa das Escaleiras
Corenta e seis peldaños. Isto é o que teñen que subir e baixar os veciños da chamada rúa das Escaleiras situada no antigo barrio de Bandourrío, ao non dispoñer de máis conexión co resto da cidade que este vial formado por tramos de escaleiras e que enlaza coa veciña rúa Manzanares.
Sen embargo, esta situación está chamada a ser pronto parte do pasado, pois o Concello acaba de activar a compra de dúas parcelas (a formalización dos contratos está prevista para este luns), como primeiro paso imprescindible para a futura apertura dunha segunda vía que permita o acceso rodado ata este enclave, integrado por unha decena de vivendas.
As fincas comprometidas teñen unhas dimensións de 209 e 115 metros cadrados, sendo o prezo por metro cadrado idéntico en ambos casos: 78,26 euros.
Dúas alternativas
Antes de plasmar por escrito o proxecto, dende o Executivo de Riveira se están a barallar dúas alternativas á hora de aperturar esta segunda vía: ou ben que conecte coa rúa Carqueixa ou ben coa paralela a esta rúa Carroucha, se ben a materialización desta segunda opción estaría supeditada a outro acordo veciñal a maiores dos xa realizados. En ambas alternativas desembocaríase finalmente na rúa Romero Ortiz.
De calquera dos dous xeitos, os veciños verán cumprida así unha vella demanda ao ver satisfeita a súa pretensión de que coches particulares, ambulancias e outros vehículos de emerxencia poidan chegar ata alí.











