publicidade hoxe

Instálanse os semáforos que regularán a avenida Miguel Rodríguez Bautista

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+
Semáforos instalados

Semáforos instalados

Operarios están a instalar estes días os semáforos que con carácter definitivo regularán o tráfico na avenida Miguel Rodrígez Bautista, nas súas interseccións con Mariño de Rivera, Ameneiro e Canarias.

Operarios da empresa Automatismo y Control de Tráfico, S.L.U., están a proceder a colocar estes dispositivos de sinalización, tras resultar adxudicatarios da actuación por un importe de 64.006,58 euros. Esta é unha das medidas recomendadas polo Plan de Mobilidade Urbana Sostenible (PMUS): un traballo encargado polo Concello que está previsto presentar publicamente na vindeira semana e que forma parte do proxecto Riveira Atlántica 2015 (cofinanciado nun 70% con fondos FEDER).

Led

Ao igual que xa aconteceu cos semáforos do Malecón, os elementos que se están instalando contan cun sistema de iluminación de tecnoloxía led, cumprindo as especificacións do Instituto para a Diversificación e Aforro de Enerxía (IDAE), e están adaptados a invidentes.

Cómpre lembrar que antes desta instalación definitiva, o Concello vai situar nalgún punto de Rodríguez Bautista elementos semafóricos provisionais para comprobar a súa eficacia na ordenación do tráfico e o afianzamento da seguridade viaria.

10 de marzo de 2015 | 19:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.