publicidade hoxe

Fases provinciais de taekwondo escolar na Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangasDeportesDeportes PortadaMonforte de LemosOurenseSada
A-
A+

Este sábado 28 de marzo celebraranse as fases provinciais de Pontevedra (Cangas), Ourense (Ourense capital), Lugo (Monforte de Lemos) e A Coruña (Sada) do taekwondo escolar na modalidade de exhibición (categorías infantil e cadete) e técnica e freestyle. En total 1.326 deportistas (541 en exhibición e 785 de técnica-freestyle) en acción a partir das 10.00 horas.

Exhibición. O sábado 28 celebrarase a fase provincial de exhibición da Coruña no pavillón municipal de Sada, organizada polo Natural Sport de Sada. Competirán 6 equipos na categoría cadete e 5 en infantil. Cangas (O Gatañal, organizado polo Sares TKD) acollerá a fase provincial de Pontevedra, a máis numerosa con 39 equipos de exhibición (19 en cadete e 20 en infantil) a partir das dez da mañá.

En Ourense (Pavillón dos Remedios – anexo) e organizado polo Couto, celebrarase a fase provincial con 4 equipos e en Monforte (Pavillón da Pinguela), organizado polo Neka, participarán 4 equipos (dous por categoría). Cada equipo está composto por entre 6 e 9 integrantes. Na exhibición preséntase un programa coreográfico con música, na que se combinan movementos, defensa persoal e acrobacias. Para a final galega clasificarase o 50 por cento mellor clasificado e ademais, está en xogo a participación no Campionato de España cadete.

Técnica e Freestyle. Este mesmo día e nas mesmas sedes celebraranse as fases provinciais de A Coruña, Pontevedra, Lugo e Ourense do Campionato Escolar de Técnica e Freestyle cunha participación de 785 deportistas das categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete. O 50 por cento mellor clasificado destas fases provinciais logrará o pase para o campionato galego. En Cangas haberá 385 taekwondistas inscritos (210 homes e 175 mulleres), en Sada contamos con 129 homes e 106 mulleres; en Lugo hai 54 chicos e 54 rapazas e en Ourense sairán ao tapiz 26 homes e 31 mulleres.

Esta actividade está incluída no programa do Deporte Escolar Xogade, desenvolvido pola Secretaría Xeral para o Deporte en colaboración coa Federación Galega de Taekwondo. Desta forma, a organización é responsabilidade dos diferentes servizos provinciais en colaboración coa Federación e clubs nos que se delega.

26 de marzo de 2015 | 19:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.