Encontro interxeracional nunha divertida mañá no centro de día de Torneiros

Encontro interxeracional
Nenos e maiores gozaron esta mañá dunha bonita xornada no Encontro Interxeracional que puxo o broche final ás actividades organizadas polo Obradoiro de Emprego “Porremprego II”. Os corenta usuarios do Centro de día de Torneiros recibiron encantados aos pequenos de 5 anos do CEIP Antonio Palacios, con quen intercambiaron experiencias, cancións, bailes e agasallos que, con ilusión e agarimo prepararan para a ocasión.
Esta iniciativa do Obradoiro de Emprego pretende fomentar a convivencia e o intercambio de inquietudes entre ambas as xeracións, dando aos pequenos a oportunidade de coñecer aos maiores e compartir con eles un ratito do seu día a día. Ao mesmo tempo, a través de actividades de carácter social como esta, axúdase a mellorar a calidade de vida dos usuarios do Centro de día, así como o seu benestar físico e moral.











