publicidade hoxe

Charla-taller sobre a entrevista de traballo da man de Eva Ventín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Porriño
A-
A+

O próximo venres 13 de marzo, ás 12:30 horas, a orientadora laboral 2.0, Eva Ventín Lorenzo, impartirá no Multicentro de Torneiros a charla-taller “A entrevista de traballo”.

Na súa recta final, o Obradoiro de Empleo “Porremprego II” organiza esta conferencia co obxectivo último de dotar os alumnos, que proximamente finalizarán a súa formación, das ferramentas necesarias para afrontar a que é unha fase decisiva en calquera proceso de selección de persoal e facilitar a súa incorporación ao mercado laboral.

Aínda que esta actividade se dirixe especialmente aos alumnos de ambas as dúas especialidades do Obradoiro de Empleo, estará aberta a todo aquel que desexe asistir.

A orientadora laboral, Eva Ventín, que conta cun extenso currículo no seu campo, abordará as diferentes competencias que se poñen en xogo durante unha entrevista de traballo e a importancia do autocoñecemento, o control emocional e a comunicación, verbal e non verbal, durante esta. Os asistentes afondarán no concepto de entrevista de traballo e nas súas diferentes fases así como na importancia de contar unha boa marca persoal.

11 de marzo de 2015 | 17:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.