publicidade hoxe

Aforo completo na conferencia de Evarist March sobre plantas silvestres

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Porriño
A-
A+
Conferencia de Evarist March

Conferencia de Evarist March

O afamado gastrobotánico Evarist March descubriu, ao numeroso público que se deu cita esta mesma tarde no auditorio do Centro Cultural Municipal, os múltiples usos das plantas silvestres, mal coñecidas por todos como “malas herbas”. A concellaría de Medio e Sanidade do Concello do Porriño, que dirixe María José Martínez, en colaboración coa eco-web VdeVegetal, conseguiu que a alma da axencia Naturalwalks fixese unha parada no noso municipio para darnos a posibilidade de coñecer de forma simple e amena o valor culinario destas plantas e como os produtos máis silvestres poden contribuír a mellorar a nosa saúde.

Durante preto de dúas horas, este biólogo especializado en plantas medicinais disertou sobre a comestibilidade destas plantas, das que existen 8000 especies diferentes só na Península Ibérica, “moitas veces esquecemos a potencialidade destes recursos que existen no noso ámbito, existen máis de 250000 especies diferentes e só 10000 delas foron usadas como comestibles”, sinalou March, “en concreto en España só se catalogou como comestible un 6% da flora ibérica”.

A sostibilidade na alimentación foi un dos eixes centrais do discurso de March, que fixo especial fincapé na necesidade de recuperar todos eses coñecementos que co paso do tempo e a modernidade se foron deixando de lado pasamos dunha vida rural onde os medicamentos, os alimentos e, en xeral, o benestar procedían do que tiñamos máis a man, a non usar estes coñecementos en absoluto”.

Durante o relatorio, Evarist March contou coa colaboración de Silvia Méndez, bióloga especialista en nutrición e metabolismo e directora da eco-web VdeVegetal. Ambos os dous relatores quixeron resaltar o feito de que existen plantas tóxicas, de aí a importancia de coñecer e identificar a planta antes de consumila, “Non todo o natural é comestible nin san”.

Como broche final, os asistentes puideron degustar de xeito gratuíto diferentes zumes naturais elaborados a base de plantas silvestres.

11 de marzo de 2015 | 20:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.