publicidade hoxe

A Xunta comeza as obras de mellora do firme na estrada AC-163 ao seu paso por Sada e Oleiros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaOleirosSada
A-
A+
Belén do Campo na visita ás obras

Belén do Campo na visita ás obras

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), ven de iniciar esta semana as obras de rehabilitación do firme nun treito duns sete quilómetros de lonxitude da estrada AC-163, que une Sada e Mera (Oleiros). A actuación realizarase entre os puntos quilométricos 1+650 e 8+100 e entre o 10+415 e o 10+500. A previsión é que estea rematada antes de fin de mes. A delegada territorial da Xunta na provincia, Belén do Campo, desprazouse esta mañá ata o municipio de Sada, onde se concentra a maior parte da intervención, para supervisar o estado das obras. Alí estivo acompañada polo alcalde, Ernesto Anido, e polo xefe territorial da consellería, José Antonio Álvarez.

Esta intervención enmarcase no capítulo de conservación integral de estradas e conta cun investimento global de preto de 545.000 euros para o arranxo de ata sete estradas dos concellos de Betanzos, Bergondo, Oleiros, Paderne e Sada. Neste último concello, o orzamento será de máis de 190.000 euros. Segundo declarou Do Campo “con este tipo de actuacións buscamos prolongar a vida útil do firme destas vías, rehabilitándoas tanto estrutural como superficialmente”.

As obras consistirán na reparación do firme existente, a través do fresado e reposición da capa de rodadura de treitos localizados e na extensión de microaglomerados para o selado de grietas ou coa finalidade de mellorar as características superficiais do firme, noutros tramos nos que resulte necesario. Estas actuacións complementaranse coa reposición das marcas viarias, da sinalización vertical e dos elementos de balizamento. Tamén, onde necesario, levarase a cabo a limpeza das cunetas. Para a execución desta mellora precisarase fresar o firme e aplicar de mestura bituminosa quente ou formigón bituminoso.

A delegada territorial recalcou que as accións que se están efectuando “supoñen un bo exemplo do labor no que está centrado o actual Goberno galego en materia de estradas: mellorar as infraestruturas e o conxunto de variables para facilitar os desprazamentos, incrementar a comodidade dos usuarios e, en definitiva, incidir na redución da sinistralidade”.

Conservación e seguridade viaria

Unhas das prioridades da Consellería de Medio Ambiente é a conservación das estradas das que é titular. Nese sentido, a consellería ten previsto mobilizar na provincia da Coruña ao longo dos vindeiros catro anos máis de 33 millóns de euros en obras e contratos de servizo. A maior parte deste investimento diríxese a contratos de obra para actuacións de conservación e seguridade viaria. Estas actuacións inclúen obras de reforzo de firme extraordinarias, así como a conservación de noiros e taludes que a Xunta puxo en marcha ao longo do pasado ano.

10 de marzo de 2015 | 13:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.