publicidade hoxe

A unidade móbil de Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas continuará en Escuadro e Silleda as vindeiras semanas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+

A Unidade Móbil de Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas esta a visitar o municipio de Silleda. Logo de pasar por Laro, nas xornadas de onte e hoxe venres estivo na Bandeira, na rúa da Esmorga, por onde pasaron numerosos vehículos. A vindeira semana a cita será en Escuadro dende o luns día 9 ao mércores 11, fronte ao cemiterio. Por último, a unidade móbil desprazarase ata Silleda (detrás do Centro de Saúde) nas xornadas do 12 e 23 de marzo. O horario habitual de atención será de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas de luns a venres. Para solicitar cita previa os interesados poden facelo vía telefónica, chamando ao 902 309000 ou a través da web www.sycitv.com

6 de marzo de 2015 | 16:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.