publicidade hoxe

A Ruta Cabalar do Cocido en Pazos de Borbén reúne a máis de 180 xinetes de toda a bisbarra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPazos de Borbén
A-
A+
Ruta Cabalar

Ruta Cabalar

Ao redor de 180 xinetes participaron este fin de semana na IX Festa Cabalar do Cocido celebrada no Concello de Pazos de Borbén. Os asistentes, entre os que destacaba a gran presenza de mozos de todas as idades, chegaron de toda a bisbarra dispostos a gozar dun fin de semana dedicado á súa gran paixón, os cabalos.

O bo tempo acompañou durante toda a xornada e permitiu que se percorresen os máis de 10 quilómetros da ruta nos que o bo humor e a camaradaría foron a tónica dominante. Arredor das 10:00 horas, arrancou a ansiada ruta polos montes de Pazos de Borbén. Un paseo no que os máis de cen xinetes percorreron diversos camiños da bisbarra dende o monte Galleiro ata o río Louro, realizando unha parada para tomar un aperitivo e deixar descansar ás súas monturas. Ás dúas da tarde deu comezo o xantar de confraternización e no que participaron máis de 200 persoas e amantes dos cabalos. A romaxe cabalar prolongouse durante toda a tarde con diversos xogos e demostracións e concluíu co sorteo de varios premios entre todos os asistentes.

10 de marzo de 2015 | 18:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.