A praza Arquitecto Antonio Pazos será escenario do concurso de karaoke escolar

Presentación do karaoke escolar
A Praza Arquitecto Antonio Palacios será escenario este venres do I Karaoke Escolar que se celebra no noso municipio. O Obradoiro de Empleo “Porremprego II”, en colaboración cos centros escolares e os seus AMPAS, organiza esta actividade na que os máis pequenos poderán desbordar talento e gozar dunha divertida xornada musical. Durante a presentación deste evento, que se celebrou esta mesma mañá na Casa Consistorial, o alcalde do Porriño, Nelson Santos, quixo animar os pequenos a participar neste concurso estou seguro que pasarán un bonita e divertida tarde en compañía dos nenos de todos os colexios. “
Non en van, toda a comunidade escolar do Porriño se sumou a este evento dende os diferentes colexios aos dous institutos locais, o IES Piñeiro Manso e o IES Ribeira do Louro, así como o centro de educación especial ACEESCA. Neste sentido, o rexedor quixo “agradecer enormemente a disposición que sempre mostran, tanto os profesores dos colexios coma as AMPAS destes, a colaborar coas diferentes iniciativas de carácter educativo e cultural que se organizan dende o Concello”; agradecemento ao que quixo sumarse o edil de Emprego e Formación, M. Alejandro Lorenzo facéndoo extensivo tamén “á dirección, ao equipo docente e aos alumnos do Obradoiro de Empleo “Porremprego II”, nesta ocasión en concreto os da especialidade de Animación Sociocultural, pola súa capacidade de iniciativa, e pola ilusión e o esforzo que poñen en cada unha das actividades nas que participan”.
Así, a partir das 17:00 horas deste venres, as pequenas estrelas poderán subirse ao escenario e concursar, individualmente ou en grupo, para conseguir os premios deste primeiro certame. Durante toda a xornada, haberá actividades de globoflexia e maquillaxe da man dos alumnos de Animación Sociocultural.
O prazo para inscribirse estará aberto ata mañá pola tarde podendo facelo en cada un dos centros escolares.











