A Garda Civil detén aos supostos autores dun roubo con forza no polígono industrial de Vilanova de Arousa
A Garda Civil detivo a EA.P.J., de 18 anos e veciño de Vigo, a A.S.P., de 29 tamén veciño da mesma localidade e a M.I.M., de 37 e con domicilio no Porrriño, como supostos autores dun roubo con forza nunha nave do polígono industrial de Tremoedo (Vilanova de Arousa).
Tras unha chamada de colaboración cidadá alertando duns ruídos na noite de onte nunha nave do referido polígono industrial, desprázanse ao lugar dous patrullas da Garda Civil dos Postos de Vilagarcía de Arousa e Valga.
Unha vez alí, sorprenden tres persoas cargando efectos nunha furgoneta dende unha nave próxima a esta, que serían recoñecidos posteriormente polo propietario.
Por todo iso procédese á súa detención e condución ás dependencias oficiais do Posto da Garda Civil de Vilgarcía de Arousa para a instrución das correspondentes dilixencias.
Os detidos, que contan con antecedentes policiais, serán postos a disposición do Xulgado de Instrución número TRES de Vilagarcía de Arousa.