A cociña do local social de Fiestras xa está rematada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+
O edil Klaus Brey  na visita ás obras

O edil Klaus Brey na visita ás obras

Os traballos para a dotación de unha cociña no local social da parroquia de Fiestras está xa case listos. As novas dependencias habilitáronse nun local contiguo ao edificio.

Logo das canalizacións correspondentes, o picado da parede e outros traballos previos, acondicionouse o local que xa conta con parrilla, fregadeiro, e unha encimeira, entre outros.

“Con esta actuación queremos mellorar as dependencias deste centro social, ofertando tamén novos servizos aos veciños e veciñas da localidade á hora de dispoñer deste local público”, apunta o alcalde Manuel Cuiña.

Trátase dunha actuación de mellora no citado local que se acomete con fondos propios do Concello, respondendo tamén a unha demanda veciñal.

“Estas obras corresponden á liña iniciada polo goberno para mellorar os centros parroquiais, dotándoos de novos servizos e equipamentos e acondicionando os edificios. Consideramos que estes traballos son clave para axudar aos veciños e asociacións a seguir coas súas actividades”, engade Cuiña.

O concelleiro de Medio Rural, Klaus Brey, achegouse hoxe ata a localidade para comprobar a marcha dos traballos.

9 de marzo de 2015 | 17:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.