A Asociación de Veciños de Cortegada solicita ao Pleno debatir sobre a obra paralizada por Patrimonio
Hoxe celebrouse en Silleda a comisión informativa previa ao pleno ordinario deste xoves (20.00 horas). Ademais de dar conta da Liquidación do exercicio 2014, tamén se aborou a proposta de cesión de uso á Asociación de Veciños de Laro de dúas parcelas lindantes co cemiterio e do propio camposanto, que xa están a xestionar os veciños dende 1932. A proposta foi dictaminada favorablemente polos tres grupos.
No tocante ás mocións, decidiuse unificar nun só texto as de PSOE e BNG en apoio á concesión de asilo político do activista saharaui Hassana Aalia. A proposta saiu adiante cos votos a favor dos mencionados grupos e a abstención do PP.
Tamén quedaron dictaminadas favorablemente outras dúas mocións do BNG para pedir ao aumento de personal en Correos (por unanimidade) e para demandar un plan de emprego feminino (o PP abstívose).
Así mesmo, tamén se informou da incorporación, fóra da orde do día, da petición da Asociación de Veciños de Cortegada para que o pleno debata e se pronuncie sobre a suspensión cautelar, por parte de Patrimonio, das obras de mellora do vial que dá acceso á igrexa da parroquia.











