A App sobre Carboeiro xa se pode descargas nas redes sociais
A aplicación para móbiles sobre o mosteiro de Carboeiro e o seu entorno xa pode descargar, na súa versión para Android, a través dun Código QR nos perfís oficiais do Concello en Facebook e Twitter. Mañá está previsto completar o proceso creando tamén un banner específico no portal web municipal.
Por outra banda o vídeo promocional do municipio a nivel turístico está a obter un grande éxito nas redes sociais. En apenas 24 horas superáronse as 1.000 reproduccións no canal Youtube, e as entradas no Facebook alcanzaron nos dous primeiros días a máis de 7.000 persoas, tendo en conta as veces que se compartiu o enlace.
Esta é a versión curta do traballo audiovisual, que se poderá ver tamén no marco da feira Turexpo, que comeza o vindeiro venres en Silleda. Nos vindeiros días estará lista a outra versión de 10 minutos de duración. O video tamén poderá verse a través dos portais web do Concello.











