publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Unhas 40 persoas asistiron á sesión do contacontos na biblioteca de Pazos de Borbén

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPazos de Borbén
A-
A+
Sesión de contacontos

Sesión de contacontos

O conto “Alicia no país das marabillas” foi o protagonista do cuentacuentos que se celebrou onte na Biblioteca Municipal de Pazos de Borbén. A el asistiron máis de 30 nenos de 4º de primaria do CPI Curros Enríquez de Pazos e varios usuarios da Asociación ASPAVI. Todos eles escoitaron atentamente a historia de Alicia o día no que o conto cumpría 150 anos. A actividade estaba enmarcada no plan de fomento da lectura da Biblioteca Municipal de Pazos de Borbén e estaba financiada pola Fundación Filomena Rivero Alonso de Redondela.

A través de varios xogos, Marisa Irimia representou en forma de conto animado a historia dunha nena que se resiste a crecer e como na súa viaxe ao País das Marabillas, Alicia descubría que as súas accións e decisións estaban influídas por forzas externas que non pode controlar. Estraños e divertidos personaxes acompañábana cara ao seu sono final nun mundo máxico onde todo é posible, onde se recorda o futuro, onde grande ou pequeno é relativo, onde as palabras non só describen ou narran o pasado, senón que crean accións ao ser pronunciadas.
Alicia no país das marabillas é un clásico da literatura inglesa é unha obra de literatura creada polo escritor británico Charles LutwidgeDodgson, máis coñecido baixo o pseudónimo de Lewis Carroll.

27 de febreiro de 2015 | 19:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.