publicidade hoxe

Un total de 190 xóvenes porriñeses participaron nunhas xornadas informativas sobre o carné xoven

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO PorriñoXuventude
A-
A+

Un total de 190 alumnos dos institutos porriñeses I.E.S. Ribeira do Louro e I.E.S. Piñeiro Manso, participaron esta mañá nas IX Xornadas Informativas sobre o Carné Xoven. Como punto de expedición, a Oficina Municipal de Información Xuvenil del Concello do Porriño, dependente da concellaría de Xuventude que dirixe Iria Lorenzo, organiza estas xornadas nos centros educativos co obxectivo de informar amplamente os mozos do noso municipio sobre todo o ámbito de actuación que engloba o devandito documento.

Así, Noelia de la Fuente, da OMIX do Concello do Porriño, e Mónica Bugarín Gómez, directora da Casa da Xuventude de Tui, explicaron aos rapaces as vantaxes e servizos que ofrece este carné en axencias de viaxes, aloxamentos, compras, educación ou tempo libre, entre outros; así como sobre a finalidade con que se crea e os requisitos de expedición e de solicitude. Este documento, dirixido a mozos de entre 12 e 30 anos, nace co obxectivo de facilitar a este sector da poboación o acceso a bens culturais e servizos que contribúan a mellorar a súa calidade de vida e a favorecer a súa mobilidade xeográfica.

Todos aqueles interesados en recibir máis información sobre o Carné Xoven ou sobre como solicitalo, poden dirixirse ás dependencias da OMIX do Porriño, no Centro Cultural Municipal, onde se lles facilitará toda a información necesaria.

23 de febreiro de 2015 | 18:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.