Silleda colocou as láminas con poemas de Rosalía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+
Láminas con poemas de Rosalía no Concello de Silleda

Láminas con poemas de Rosalía no Concello de Silleda

O Concello de Silleda xa comezou a colocar hoxe as láminas con poemas de Rosalía de Castro, a quen se lle adica mañá a xornada con motivo do 178 aniversario do seu nacemento. Estas láminas permanecerán expostas nos centros municipais ata o vindeiro venres.

Dende a Concellería de Cultura repartiránse mañá entre os escolares de Infantil, Primaria ESO e tamén na Escola Infantil A Galiña Azul marcapáxinas conmemorativas. Os usuarios que retiren libros durante esta xornada na Biblioteca Pública Daniel Castelao recibirán este mesmo agasallo.

Nos centros educativos tamén se celebrarán diversas actividades mañá ao igual que o Centro Cultural Vista Alegre. Así, no CEIP Ramón de Valenzuela da Bandeira e no IES Colmeiro sumaránse á proposta da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), que baixo o lema “Eu son Rosalía”, propón a gravación dun video comezando con esta frase. Ademais noutros centros educativos tamén está previsto celebrar distintas actividades en torno á figura de Rosalía de Castro e da súa obra.

Así no Colexio María Inmaculada, os alumnos e alumnas de Bachiller farán unha exposición explicando aos alumnos de Primaria a vida e obra da autora, ademais de sumarse á campaña audiovisual da AELG e facer unha exposición de libros.

No CEIP de Silleda conmemorarán a xornada con actividades a nivel de cada aula.

No Centro Cultural Vista Alegre haberá ademais unha lectura interpretativa dos poemas de Rosalía (ás 21.00 horas).

23 de febreiro de 2015 | 17:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.