Silleda celebra o seu primeiro Fitness Day este sábado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSilleda
A-
A+

Este sábado terá lugar o 1º Fitness Day de Silleda, unha maratón de exercicio físico que se celebrará no pavillón César González Fares, coa instructora Alba Iglesias. A cita comezará ás 17.00 horas con unha sesión de zumba para nenos. Proseguirá ás 18.00 hroas con zumba fitness para adultos e ás19.00 horas con aerobic. A entrada é libre.

Dende a Concellería de Deportes convídase aos veciños que queiran coñecer de cerca estas modalidades deportivas a asistir a esta sesión sobre o exercicio físico.

25 de febreiro de 2015 | 16:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.