Riveira vivirá un dos programas de Entroido máis completos da súa historia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+
Presentación do Entroido de Riveira

Presentación do Entroido de Riveira

Todo esta preparado en Riveira para principiar a celebración do Entroido, con máis dunha vintena de actividades que servirán para conmemorar unha das festas máis aclamadas polos veciños do municipio.

A concelleira de Cultura, Elvira Pisos, e Isabel Lapido no nome da Asociación de Empresarios, foron os encargados de pormenorizar o calendario de eventos, que arranca hoxe mesmo co tradicional obradoiro de cociña e repostería de Entroido.

Nos próximos días sucederanse todo tipo de iniciativas, como espectáculos de animación de rúas, choqueirada infantil, un baile dos maiores en Corrubedo, a festa da noite de Entroido, o Festival de Murgas e Comparsas ou o Enterro do Felipe.

Tamén hai que destacar as distintas actividades promovidas pola hostalería: concurso de decoración de locais, un concurso de disfraces, actuacións musicais, obradoiros de maquillaxe, unha ruta de tapas do Pequeno Entroido e, para finalizar o martes 24 de febreiro, a súa gala anual solidaria.

10 de febreiro de 2015 | 19:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.