Pozosaa ATwood 7128 Tamara é a Xovenca Gran Campioa nos concursos da Raza Frisona en Cimag-GandAgro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+
Reserva gran campiona concurso autonómico GandAgro

Reserva gran campiona concurso autonómico GandAgro

Pozosaa ATwood 7128 Tamara, da gandería Casa Pozo, de Lugo, foi a Xovenca Gran Campioa Internacional no XXXIII Open Internacional da Raza Frisona que está a ter lugar na Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería, Cimag-Gandagro 2015, a cal se celebra dende onte ata mañá na Feira Internacional de Galicia.

A Reserva Gran Campioa neste concurso foi Badiola Yorick Kentuchy, da explotación Badiola Holstein, de Gozón (Asturias).

En canto ao XXIV Concurso Autonómico, a Xovenca Gran Campioa de Galicia “Fefriga 2015” foi taménPozosaa ATwood 7128 Tamara, sendo a Reserva Gran Campioa Tizon Rosi Braxton SS Blanco, da gandería Blanco and SS de Lalín (Pontevedra).

Estes concursos Autonómico e internacional continúan a celebrarse no marco da feira esta tarde e mañá, cando se coñecerán as Vacas Gran Campioas e as mellores ganderías de ambos concursos.

VIII Concurso de Preparadores de Gando Frisón

María Manteiga Rodríguez, da gandería Manteiga, de Vila de Cruces (Pontevedra) foi a campioa do VIII Concurso de Preparadores de Gando Frisón celebrado onte pola tarde no marco de Cimag-GandAgro 2015. O subcampión foi Guillermo Orfila Camps, de Mahón (Illas Baleares).

No concurso, no que os participantes dispuxeron de dúas horas (e 30 minutos máis para os rapaces de 15 anos ou menos) para pelar e preparar ao animal, concorreron xoves gandeiros de distintos puntos de Galicia, Illas Baleares, Cataluña e Portugal.

20 de febreiro de 2015 | 19:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.