publicidade hoxe

Pazos de Borbén e a Xunta colaboran na mellora do sinal da TDT no municipio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPazos de Borbén
A-
A+

O Concello de Pazos de Borbén e a Xunta de Galicia puxeron en marcha unha serie de actuacións para mellorar a calidade do sinal da Televisión Dixital Terrestre no municipio e cumprir co proceso de liberación do Dividendo Dixital. As devanditas actuacións contemplan realizar algúns cambios nos centros de extensión de cobertura polo que este fin de semana se producirán algúns cortes no sinal televisivo que afectarán aos veciños dos barrios de Pousiño e Sequeiros, ambos os dous na parroquia de Borbén.

O proceso comeza mañá venres e concluirá co apagamento das frecuencias de emisión actuais no centro de extensión de Borbén e o arranque dos novos diais asignados polo que durante este fin de semana as canles 54 e 31 emitirán con outra programación. Ademais, os usuarios afectados perderán as canles TVE1, TVE2, Clan e 24 horas durante un breve espazo de tempo, xa que os recuperarán como moi tarde o luns 9 de febreiro.

As melloras realizadas implican que os 300 veciños dos barrios de Pousiño e Sequeiros deberán resintonizar os seus televisores para recuperar as canles perdidas e no caso das comunidades de veciños é posible que sexa necesario axustar a antena colectiva para asegurar a calidade da recepción.

5 de febreiro de 2015 | 18:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.