Pavimentación das rúas e prazas no entorno do auditorio de Riveira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

O Concello de Riveira informa de que na mañá de hoxe deu inicio unha nova actuación consistente na pavimentación das rúas e prazas que rodean o Auditorio (rúa de Portugal, prazas dos Mariñeiros e Pontevedra, etc…).

A superficie total da actuación é de 4.600 metros cadrados, superficie que recibirá un tratamento de aglomerado asfáltico tipo D12. A empresa que está realizando a obra é Canarga S.L..

Está previsto que mañá finalicen os traballos de pavimentación. O importe desta actuación ascende a 43.181,16 euros.

 

25 de febreiro de 2015 | 19:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.