O Concurso de Máquinas Destacadas de Cimag-GandAgro premia 12 innovacións en maquinaria agrícola

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+
Entrega do premio a Tecnor Lalín Maquinaria

Entrega do premio a Tecnor Lalín Maquinaria

Un total de 12 innovacións en maquinaria agrícola foron premiadas esta mañá no Concurso de Máquinas Destacadas 2015, celebrado na Feira de Maquinaria, Agricultura e Gandería, Cimag-GandAgro 2015, o cal se desenvolve dende hoxe ata o sábado na Feira Internacional de Galicia.

As novidades galardoadas foron o batidor de arena e purín Storth, de Reck Ibérica; a desenvolvedora de pacas cilíndricas Emily PE balas Pick&Go, presentada por Cardelle Hidráulica; a segadora de forraxe con barras de corte de discos Maxcut en disco Contour, presentada por Concesionarios Class de Galicia; o rastrillo henificador Volto con Maxpread, tamén de Class; e a cargadora telescópica articulada Schäffer 9630T, de Fondrigo Maquinaria.

Así mesmo, foron premiados o sistema informático para a xestión da alimentación de gando BvL. V-Dairy Feeder, de Deltacindo Delgado Delgado e Hijos;a encintadora con pretensor de dobre bobina e-Twin, de Kunh Ibérica; a cisterna de purín Tridem, presentada por Talleres Moga; a rotoempacadora de cámara variable New Holland Roll-Belt 150, presentada Tecnor Lalín Maquinaria; e a cargadora telescópica articulada Weidermann 5080T, de Doval Maquinaria. Tamén foron premiadas a rotoempacadora con encintadora integrada McHale Fusion 3Plus e a sementadora pneumática con sistema de sementeira combinado Pöttinger Aerosem 3002 con sistema PCS, ambas de Durán Maquinaria Agrícola.

En total foron admitidas neste concurso 21 innovacións de 11 empresas, as cales están presentes na área expositiva do certame.

O xurado deste concurso estivo conformado por catro expertos do sector, como son o recoñecido Doutor Enxeñeiro Agrícola e presidente de AENOR CTN 68 “Tractores y Maquinaria Agrícola”, Luis Márquez; Fernando Augusto dos Santos, profesor da Universidade de Tras Os Montes e Alto Douro; Javier Bueno Lema, vicerreitor do Campus de Lugo, e Ignacio Ruíz, secretario xeral da AsociaciónNacional de Maquinaria Agropecuaria, Forestal y de Espacios Verdes (Ansemat).

Os galardóns foron entregados esta mañá no marco do certame polos membros do xurado, o director da Fundación Semana Verde de Galicia e distintas autoridades.

Aposta pola innovación

Ademais deste concurso, esta feira de maquinaria, agricultura e gandería celebra outro certame centrado na innovación, o “GandAgro Innova 2015”,dirixido a premiar as innovacións tecnolóxicas que supoñan un avance ou mellora no ámbito dos medios de produción, transformación e comercialización ou para o desenvolvemento nas zonas rurais, nos sectores agrícola e gandeiro. Presentáronse 10 propostas e os seus premios entregaranse esta tarde.

Ambos concursos, aos cales concorreron un total de 31 propostas presentadas por 17 empresas que participan na área expositiva, son unha mostra da aposta de Cimag-GandAgro 2015 por potenciar a innovación no sector agrogandeiro.

19 de febreiro de 2015 | 19:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.